IES Beade
miércoles, 27 de junio de 2018
Comparacións entre cidades
Os alumnos de primeiro e de terceiro da ESO compararon as temperaturas e as precipitacións de diversas cidades, nalgúns casos en distintas unidades. Presentamos un resumo do traballo que fixeron.
Regresión
Os alumnos de 1º de bacharelato realizaron un estudo estatístico co obxectivo de valorar as relacións entre os fenómenos meteorolóxicos e algunhas variables relacionadas coa economía e as ciencias sociais. Estas son algunhas das presentacións que entregaron
Pluviómetros
Os alumnos de 2º da ESO fabricaron os seus propios pluviómetros e fixeron algunhas medicións con eles. Estes son algúns dos traballos que entregaron contando a súa experiencia
sábado, 2 de junio de 2018
Xogo Kahoot sobre os climogramas na exposición
Durante o día da exposición de proxectos do instituto algunhas das alumnas de 3º de ESO encargadas de elaborar os climogramas deste curso explicaron aos seus compañeiros como se fan e se interpretan estas gráficas meteorolóxicas.
Despois lles propuñan un pequeno xogo de preguntas e respostas feito coa ferramenta online kahoot
Unhas 75 persoas participaron neste pequeno xogo. As máis rápidas e con máis acertos levaron un carameliño de premio...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)