IES Beade

IES Beade

miércoles, 30 de mayo de 2018

Exposición fin de curso

Aquí tendes unha pequena reportaxe gráfica da exposición de Meteoescolas na mostra de traballos e proxectos que tradicionalmente fai o noso instituto ao final de curso.










viernes, 25 de mayo de 2018

Que tempo máis tolo!


Deixámosvos aquí os climogramas feitos por alumnas de 3º de ESO, cos datos da nosa estación meteorolóxica, dende novembro ata abril, para que saquedes as vosas propias conclusións.

Por exemplo: Cal foi o mes máis chuvioso? Foi este un outono-inverno húmido ou seco? Houbo temperaturas moi baixas no inverno ou non? Fixo unha calor anormal nalgún momento dos meses invernais?


lunes, 14 de mayo de 2018

Previsión do tempo

O alumnado de 2º ESO A, 2º ESO B e 2º ESO D gravaron vídeos nos que simulan a previsión do tempo en Galicia. Aquí tendes a mellor mostra, o vídeo de Aldara Fonseca e Alba Villaverde. Parabéns.


martes, 8 de mayo de 2018

Debaixo das nubes

Pasamos case todo o curso fotografando as nubes que desfilaban pola pasarela aérea do noso instituto. Coseguimos unha variada colección outono-inverno-primavera. Despois, os alumnos e alumnas de PMAR II, buscaron información, identificáronas (non foi fácil) e puxéronlles nome. Aquí tendes o resultado:

Cúmulus

Stratocúmulus

Nimbostratus

Stratocúmulus

Altocúmulus

Cúmulus

Nimbostratus

Cúmulus

Stratocúmulus

Stratocúmulus

Cumulonimbus

Nimbostratus

Nimbostratus

Cúmulus

Nimbostratus

Cirrocúmulus

Cúmulus

Cúmulus

Stratocúmulus

Nimbostratus
Altostratus
Cirrocúmulus