IES Beade

IES Beade

miércoles, 27 de junio de 2018

Comparacións entre cidades

Os alumnos de primeiro e de terceiro da ESO compararon as temperaturas e as precipitacións de diversas cidades, nalgúns casos en distintas unidades. Presentamos un resumo do traballo que fixeron.



Regresión

Os alumnos de 1º de bacharelato realizaron un estudo estatístico co obxectivo de valorar as relacións entre os fenómenos meteorolóxicos e algunhas variables relacionadas coa economía e as ciencias sociais. Estas son algunhas das presentacións que entregaron







Pluviómetros

Os alumnos de 2º da ESO fabricaron os seus propios pluviómetros e fixeron algunhas medicións con eles. Estes son algúns dos traballos que entregaron contando a súa experiencia







sábado, 2 de junio de 2018

Xogo Kahoot sobre os climogramas na exposición


Durante o día da exposición de proxectos do instituto algunhas das alumnas de 3º de ESO encargadas de elaborar os climogramas deste curso explicaron aos seus compañeiros como se fan e se interpretan estas gráficas meteorolóxicas.

Despois lles propuñan un pequeno xogo de preguntas e respostas feito coa ferramenta online kahoot 

Unhas 75 persoas participaron neste pequeno xogo. As máis rápidas e con máis acertos levaron un carameliño de premio...







miércoles, 30 de mayo de 2018

Exposición fin de curso

Aquí tendes unha pequena reportaxe gráfica da exposición de Meteoescolas na mostra de traballos e proxectos que tradicionalmente fai o noso instituto ao final de curso.










viernes, 25 de mayo de 2018

Que tempo máis tolo!


Deixámosvos aquí os climogramas feitos por alumnas de 3º de ESO, cos datos da nosa estación meteorolóxica, dende novembro ata abril, para que saquedes as vosas propias conclusións.

Por exemplo: Cal foi o mes máis chuvioso? Foi este un outono-inverno húmido ou seco? Houbo temperaturas moi baixas no inverno ou non? Fixo unha calor anormal nalgún momento dos meses invernais?


lunes, 14 de mayo de 2018

Previsión do tempo

O alumnado de 2º ESO A, 2º ESO B e 2º ESO D gravaron vídeos nos que simulan a previsión do tempo en Galicia. Aquí tendes a mellor mostra, o vídeo de Aldara Fonseca e Alba Villaverde. Parabéns.


martes, 8 de mayo de 2018

Debaixo das nubes

Pasamos case todo o curso fotografando as nubes que desfilaban pola pasarela aérea do noso instituto. Coseguimos unha variada colección outono-inverno-primavera. Despois, os alumnos e alumnas de PMAR II, buscaron información, identificáronas (non foi fácil) e puxéronlles nome. Aquí tendes o resultado:

Cúmulus

Stratocúmulus

Nimbostratus

Stratocúmulus

Altocúmulus

Cúmulus

Nimbostratus

Cúmulus

Stratocúmulus

Stratocúmulus

Cumulonimbus

Nimbostratus

Nimbostratus

Cúmulus

Nimbostratus

Cirrocúmulus

Cúmulus

Cúmulus

Stratocúmulus

Nimbostratus
Altostratus
Cirrocúmulus

sábado, 3 de marzo de 2018

Climogramas de novembro e decembro de 2017

Climogramas de novembro e decembro de 2017


Velaí tedes os climogramas tomados durantes estes meses cos datos recollidos na nosa estación meteorolóxica. 

Os climogramas foron feitos por dúas alumnas do club de ciencias, Noa Comesaña e Sandra Caride, con axuda doutras compañeiras.





Ligazón ao climograma interactivo: Climograma novembro




Ligazón ao climograma interactivo: Climograma decembro

miércoles, 24 de enero de 2018

Medindo a presión atmosférica



Coa participación na edición do proexecto MeteoEscolas para o curso 2017/18 os responsalbes do programa de MeteoGalicia nos obsequiaron cun novo aparello de medida: un barómetro



Co barómetro poderemos medir a presión atmosférica e os seus cambios dun día para outro, axudándonos así a predecir o tempo para o día seguinte.



Claro que na web de MeteoGalicia tamén podemos ver unha estupenda predicción...