IES Beade

IES Beade

miércoles, 12 de junio de 2019

Mitoloxía galega de nubeiros

Alumnos de 3º de ESO, na materia de galego, traballaron con mitos de persoaxes relacionados coas nubes, que expuseron no vestíbulo do centro:






martes, 11 de junio de 2019

Recollida de datos da estación meteorolóxica

No Club de Ciencias tamén traballaron moito. Os alumnos de 2º de PEMAR fixeron unha recollida semanal de datos da nosa estación metereolóxica e do barómetro e estudaron os instrumentos de medida. Tamén elaboraron gráficas de temperaturas máximas e mínimas e de precipitacións. 





E para que todos estivésemos preparados, nos ofreceron cada semana as previsións da fin de semana de Meteogalicia!




Galicia e a Bretaña francesa

Os alumnos de 2º ESO puxeron en práctica todos os seus coñecementos de francés para facer e comparar gráficos de temperaturas e choivas de Galicia e Bretaña e poder obter semellanzas e diferenzas ao longo do tempo.



¿Queredes saber máis? Aquí podedes atopar mapas interactivos cos datos de 1987, 2018 e 2050 para distintas cidades de Galicia:
- Galicia 1987
- Galicia 2018
- Galicia 2050


martes, 4 de junio de 2019

Climas de Galicia

Os alumnos de 4º da ESO fixeron un interesante traballo para comparar o comportamento dalgunhas variables meteorolóxicas en distintos puntos de Galicia. Aquí podedes ver alguns dos seus traballos:












jueves, 23 de mayo de 2019

O logo de Meteoescolas

Un ano máis o IES Beade está a participar no proxecto Meteoescolas que nos axuda a desenvolver distintas competencias tomando como marco de traballo a meteoroloxía. 


Para este curso 18/19 os alumnos de 2º de PMAR prepararon este bonito logo.

miércoles, 27 de junio de 2018

Comparacións entre cidades

Os alumnos de primeiro e de terceiro da ESO compararon as temperaturas e as precipitacións de diversas cidades, nalgúns casos en distintas unidades. Presentamos un resumo do traballo que fixeron.



Regresión

Os alumnos de 1º de bacharelato realizaron un estudo estatístico co obxectivo de valorar as relacións entre os fenómenos meteorolóxicos e algunhas variables relacionadas coa economía e as ciencias sociais. Estas son algunhas das presentacións que entregaron